viernes, 12 de marzo de 2010

Cara a Galicia ou a alma interior...


Durmía pouco. Soñaba en exceso.

Das mans escapárame o amor
(ficara co imposible)
porque me afixera xunta ó estigma
a vivir pendende do antihumano.

No compás de enxertos
que -aínda- imprimes
vivo a apraxia da desesperanza,
o valse do teu ego perdido
nas profundezas de min.

Na innominada apoteose ti eras o principio,
e habías de ser tamén o fin.



(Espir o corpo non abonda cando as almas escorregan entre os temporais)




Tamén che escribín cancións, e milleiros de cartas, pero nunca escoitas.
(Paseo polos ceos feita estrela)
Nunca entenderás ata que punto podo amarte.


3 comentarios:

incipiente dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
incipiente dijo...

canto máis me achegaba máis convertía o fin

en comezo de todo isto.








.

misscorleone dijo...

Bonito poema, me gustó mucho :) yo soy de Coruña, tú?¿