jueves, 10 de junio de 2010


(De falacias e fábulas falara a historia. Pero a revolución e as palabras contruímolas sen licencias, izando a lingua e a pel proscrita
cara ó clamor...)

Moitas enxendraran cos seus corpos-corpus as teorías da subversión. (Algunhas contabámos historias e despois perdíamos o corazón.)

Se o corpo sinte aínda, hemos de falar da éxtase para desfacer tódolos esenialismos.

É como unha noite sen fin, o que os ollos se enchen de luz.

(Espir o corpo non abonda cando as almas escorregan entre os temporais)

Que todas as persoas deixan unha pegada na nosa vida e ti eres o meu ruliño preferido.

O tempo váiseme das mans ao teu lado.

25 bicos meu chuliño! Felicidades! :)



1 comentario:

Euforia dijo...

Me esfuerzo en entender el gallego. Me gustaría aprender y entenderlo todo. Aún así, precioso :) me recuerda al norte.

Un beso