miércoles, 9 de junio de 2010

Ás veces espertas, e mudaron cousas...


Cando o tempo anda en círculos é máis doado levarlle a contraria; rematas por chegar onde querías ir.

Pensas que cada quen ten o seu tempo...... aínda que, ás veces queda parado.A cuestión está en saber se hai que darlle corda ou mudarlle pezas ao reloxo...


Non deixo de pensar que non podemos cambiar o fondo de ningún recordo, únicamente quedarnos aquí para seguir espiando horizontes. E ti, Aínda precisas estrelas para ter compañía?
Deixa aos soños flotar, á música medrar, á alma navegar, coa práctica todo mellora.

Sinte a renovación. Séntese ás veces coma se fose brisa e outras coma unha verdadeira tormenta- catarse.

Perde o medo.
Olla ó horizonte.
Busca a túa verdade.
E atrévete co seguinte paso...


Fai moito ruído para este silencio..

1 comentario:

Verónica dijo...

genial el cierre del post!!!!

besotes de esta peke.

pd. te espero por mi rincon con tu taza de cafe, siempre que quieras...