viernes, 26 de marzo de 2010

"A caricia é elvada
e elegante.
Baixa polo lombo suave,
crea espirais de pracer,
amplíase coa delicia do ar,
nútrese do fondo
e é maravillosa nas nádegas altas.
A caricia elabórase con múltiples pétalos,
con suavidades de nácara
con cóxegas lenes
e herbas silvestres de esporas docísimas.
A caricia é unha onda
de vento e de océano,
unha brisa que move as ondas do teu corpo
con elegancia altísima
e tenrura alba.
a caricia é eterna, movemento incansábel,
tepidez sincera que se pousa na pel
e se enreda co frecor da fonte inesgotábel."

Lucía Novas
Epiderme


(Me vuelvo a mi tierra)

No hay comentarios: