Feitizos, meigallos, retazos doutros tempos, colgantes, sinais, esferas, espirales, tribales, días completamente azules, Cabo Ortegal, Costa dá Morte, Lugo, Ortigueira imellorable, vento da cidade, pegadas que seguir, xente nova, outros que veñen e vanse, idiomas e culturas, cometas voando, Cabo Silleiro, Monteferro, idas e vindas, noites de lujuria, de maxia, orujo, queimada, concertos, escoitar a Lou Reed tombada no centro dá Praza do Obradoiro, os viños do centro, as cervezas ás cinco.
Botar de menos o mediterraneo e ás miñas tres estrelas da morte, saber que pronto se achega o día vinte..
Ler a Albert Espinosa e saber que atopei a un dos meus amarelos, aínda que el non o saiba aínda..
Agora xa non oio o tempo, sopro ao azar.. e nin a distancia impórtame..
Encántame espertarme co son das gaitas :)
3 comentarios:
Vaites non hai moitos comentarios, é unha mágoa
supoño que todo-los lugares do mundo teñen algo especial… pero é certo que galicia ten algo máxico… que como máxico non sei explicar…
envidia por non poder escoitar a lou reed tumbado no obradoiro…
Que mellor lugar no mundo ca nosa terra galega.
Pasarei mais veces por este recunchiño. Saludos
Publicar un comentario